O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, o vindeiro mércores 7 de maio, ás 10:00 horas, a terceira edición da xornada The Future of Fashion Talent: O Talento na cadea de valor que organiza o xornal líder en información económica do negocio da moda, Modaes, en colaboración do Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC) e co apoio de COINTEGA – Clúster Gallego Textil Moda e máis do Concello de Ferrol.
Pola súa banda, na segunda mesa redonda, “Retail: os goleadores da moda”, participarán o director de expansión de Flabelus, Domingo Barrachina; o cofundador de elPulpo, José Antonio Chacón; a directora de Recursos Humanos en Jose Luis Joyerías, Sandra Mosquera; o presidente de COINTEGA – Clúster Gallego Textil Moda e propietario de El Niño, Javier Guerra; xunto co coordinador do grao en Xestión Industrial da Moda – titulación que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación-, Manuel Escourido.
O alumnado e demais membros da comunidade universitaria, así como as empresas e público xeral interesado en asistir, de xeito presencial, á terceira xornada The Future of Fashion Talent: O Talento na cadea de valor, terán que inscribirse antes das 14:00 horas do martes 6 de maio na páxina web www.thefutureoffashiontalent.com. Con todo, o evento poderá seguirse en directo a través da home de modaes.
