O Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación acolle, o mércores 29 de outubro, a partires das 16:30 horas, as III Xornadas “Ferrol no Mundo do Século XXI: Galicia e China no diálogo Oriente-Occidente” que organizan o Campus Industrial de Ferrol e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) en colaboración co organismo de diplomacia pública Casa Asia e o Observatorio da Política China (OPCh).
A asistencia é libre e gratuíta ata completar o aforo. Máis información, enviando un correo electrónico a info@igadi.gal ou ben chamando ao 600 309 066.
