Novembro 28, 2022

Inauguración da exposición de Manos Unidas “A nosa indiferenza condénaos ao esquecemento” – Sala de Exposicións do Centro Cultural Universitario do Campus Industrial de Ferrol

Inauguración da exposición de Manos Unidas “A nosa indiferenza condénaos ao esquecemento” que promove a Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña no marco da actividade de sensibilización “Mes polos DDHH”.

Luns 28 de novembro de 2022 ás 11:00 horas

Sala de Exposicións do Centro Cultural Universitari do Campus Industrial de Ferrol

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, e a presidenta de Manos Unidas Mondoñedo Ferrol, María Ángeles Losada, inauguran unha exposición que amosa, a través de doce paneis, como traballa esta organización para combater as desigualdades, porqué é posible actuar e como facelo sen deixar a ninguén atrás. Está previsto que tamén asistan ao acto, a subdelegada e a secretaria de Manos Unidas Mondoñedo Ferrol, Remedios Rey e María Fernanda Losada, respectivamente.