A Capela do Centro Cultural Torrente Ballester acolle mañá, venres 31 de xaneiro, ás 19:00 horas, o acto de inauguración da exposición “Orixes III”, centrada nos traballos de campo realizados en xullo de 2024 no Castro de Esmelle, tamén coñecido na zona como Tralocastro.
A mostra, que poderá visitarse de xeito totalmente gratuíto ata o 20 de abril, está dividida en catro seccións ben delimitadas. A primeira delas, céntrase no compoñente humano, a segunda, na campaña realizada o ano pasado, a terceira, nas visitas que se realizaron ao castro durante a escavación e a cuarta e última, no audiovisual Tralocastro. Cando as pedras falan da nosa historia.
A Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial foi creada, en virtude dun convenio asinado entre o Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña, no ano 2022. O seu director é o profesor da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, Juan Luis Montero Fenollós
