O Centro Cultural Torrente Ballester acolle, este venres 6 febreiro, ás 19:00 horas, o acto de inauguración da exposición “Orixes IV. Urbanismo Castrexo” que organiza, un ano máis, a Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial que promove a Universidade da Coruña (UDC) xunto co Concello de Ferrol. Esta nova mostra temporal estará composta por 10 paneis explicativos, un audiovisual e unha vitrina con materiais arqueolóxicos tales como cerámicas castrexas, fragmentos de terra sigillata, un muíño rotatorio reutilizado na cimentación do corpo de garda ou lousas procedentes da cuberta do edificio colectivo, entre outros. Poderá visitarse, de xeito totalmente gratuíto, ata o 26 de abril, de martes a sábado, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas, e os domingos, de 11:00 a 14:00 horas.
