O Campus Industrial de Ferrol e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña (UDC) organizan, o martes 25 de marzo, a súa IV Xornada de Portas Abertas Presencial dirixida a alumnado de Bacharelato e de ciclos de Formación Profesional Superior logo do éxito acadado nas tres primeiras edicións, uns eventos de difusión nos que participaron unha media de 500 estudantes de distintos puntos de Galicia. A quenda de mañá, de 09:30 a 13:45 horas, estará reservada para colexios e institutos mentres que a da tarde, de 16:00 a 20:00 horas, estará dirixida a un público máis familiar. O alumnado participante poderá elixir entre tres posibles itinerarios: Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas + Artes e Humanidades ou Enxeñaría.
Formulario de inscrición – IV Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol