A Universidade da Coruña (UDC) homenaxea, o próximo mércores 4 de febreiro, ás 19:00 horas, no Salón de Actos do Campus Industrial de Ferrol, á pensadora, activista e escritora, considerada como a pioneira do feminismo e da xustiza social en España, Concepción Arenal (Ferrol, 31 de xaneiro de 1820 – Vigo, 4 de febreiro de 1893). Farao cun concerto aberto á toda a comunidade universitaria e público xeral interesado no que se poderá escoitar, por primeira vez, o Lied “Alma de Xustiza” composto para esta ocasión por Miguel Brotóns. A interpretación correrá a cargo da soprano Patricia Rodríguez e do pianista Alejo Amoedo.
