Marzo 14, 2026

Rutas Culturais no Campus Industrial de Ferrol – O Casino Ferrolán

A Área de Cultura da Universidade da Coruña (UDC) inicia, o vindeiro sábado 14 de marzo, ás 11:30 horas, a primeira das súas Ruta Culturais na cidade departamental neste 2026. O Casino Ferrolán, fundado en 1850 baixo a denominación de La Tertulia de Confianza, será o protagonista da primeira destas propostas culturais. A sede actual, situada entre a Rúa Real e a Rúa Dolores, foi inaugurada en 1925 e constitúe una das obras máis coñecidas do arquitecto municipal Roberto Ucha.

As persoas interesadas en participar nesta primeira ruta cultural, así como coñecer as diferentes estancias do Casino xunto coas historias que hai detrás de cada unha delas, deberán inscribirse, de xeito totalmente gratuíto, enviando un correo electrónico a cultura.ferrol@udc.es ou ben chamando ao 881 01 3697 antes das 14:00 horas do xoves 13 de marzo. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. A duración da ruta é de 1 hora e 15 minutos aproximadamente.

Inscrición Rutas Culturais – Campus Industrial de Ferrol – O Casino Ferrolán, sábado 14 de marzo, ás 11:30 horas