Maio 7, 2026

The Future of Fashion Talent: Máis aló do ChatGPT – IA, Emprego e Moda

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, este xoves 7 de maio, a partires das 10:00 horas, a cuarta edición da xornada The Future of Fashion Talent que organiza o xornal líder en información económica do negocio da moda, Modaes, en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC) e co apoio do Clúster Gallego Téxtil Moda (COINTEGA) e máis do Concello de Ferrol.

O obxectivo desta cuarta edición, titulada Máis aló do ChatGPT – IA, Emprego e Moda, é o de analizar o impacto da Intelixencia Artificial (IA) na cadea de valor da industria da moda e na empregabilidade. A xornada centrarase en estudar como esta inflúe nos departamentos de deseño, produción, sustentabilidade, xestión ou mesmo na toma de decisións. Do mesmo xeito, tamén se afondará no uso que se lle está a dar a esta ferramenta tecnolóxica nas principais empresas do sector en España.

O evento está dirixido a toda a comunidade universitaria, ao tecido empresarial da comarca e do resto de Galicia, así como ao público xeral interesado. As persoas que queiran asistir de xeito presencial, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, ou en seguir o evento a través da home de Modaes terán que inscribirse, antes das 14:00 horas do mércores 6 de maio, na páxina web www.thefutureoffashiontalent.com.

 

O impacto da Intelixencia Artificial na industria da moda, a debate, este xoves 7 de maio, no Campus Industrial de Ferrol
O impacto da Intelixencia Artificial na industria da moda, a debate, este xoves 7 de maio, no Campus Industrial de Ferrol