A Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolle, este venres 17 de abril, a partires das 10:00 horas, a xornada “Ameazas á orde internacional. Claves xurídicas e xeopolíticas”, organizada polo Grupo de Investigación Constitucional, Internacional e Europea (InCIE) da Universidade da Coruña (UDC), baixo a dirección dos investigadores Jorge Quindimil e Marta Sobrido.
O programa da xornada inclúe catro mesas de traballo:
Ás 10:30 horas – “Lawfare internacional: a utilización do dereito internacional como arma estratéxica”
Ás 12:00 horas – “Conflitos territoriais e competencia polos recursos”
Ás 15:00 horas – “A regulación internacional dos espazos comúns”
Ás 16:30 horas – “(Des)gobernanza dos océanos”
Máis información – As claves xurídicas e xeopolíticas das ameazas á orde internacional, a debate, este venres 17 de abril, no Campus Industrial de Ferrol – Campus Industrial de Ferrol – UDC