A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) organiza unha Xornada de Portas Abertas dirixida a alumnado de bacharelato e de ciclos superiores de FP, así como ás súas familias, o vindeiro venres 19 de xuño, de 17:00 a 19:00 horas. As persoas interesadas en participar nesta Xornada de Portas Abertas deberán formalizar a súa inscrición enviando un correo electrónico a subdireccion.estudantado.difusion.epef@udc.gal ou ben chamando ao 881 01 3226 antes das 14:00 horas do mércores 17 de xuño.
