Febreiro 16, 2024

Xornada de Portas Abertas “Día da Enxeñaría” – EPEF

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) organiza, en colaboración co Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e máis co Campus Industrial da Universidade da Coruña, unha nova edición da xornada de portas abertas “Día da Enxeñaría” dirixida a alumnado de Bacharelato Tecnolóxico e de ciclos de FP de toda Galicia. A cita será o venres 16 de febreiro, de 09:30 a 14:00 horas.

O centros educativos interesados en asistir á xornada de portas abertas “Día da Enxeñaría” deberán inscribirse a través do seguinte formulario web antes das 14:00 horas do mércores 31 de xaneiro. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Máis información, no correo electrónico subdireccion.estudantado.difusion.epef@udc.gal ou ben chamando ao 881 01 3226.

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol organiza en febreiro unha xornada de portas abertas dirixida a alumnado de Bacharelato e de ciclos de FP
A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol organiza en febreiro unha xornada de portas abertas dirixida a alumnado de Bacharelato e de ciclos de FP