Xullo 1, 2026

XXVII Curso de Pensamento e Comunicación Carlos Gurméndez: “Galicia, identidade e gobernanza no mundo actual”

XVII Curso de Pensamento e Comunicación Carlos Gurméndez: “Galicia, identidade e gobernanza no mundo actual”

O evento terá lugar, os días 1, 2 e 3 de xullo, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol e afondará na identidade e na gobernanza de Galicia no mundo actual, abordando cuestións relacionadas coa lingua, a cultura, a acción exterior, o territorio, o dereito e os modelos de desenvolvemento do país.

As persoas interesadas en participar neste curso gratuíto terán que enviar un correo electrónico cos seus datos persoais a info@clubdeprensaferrol.com ou ben chamar ao 661 331 986 antes das 09:30 horas do mércores 1 de xullo. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. O curso conta  coa homologación de 20 horas da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia para o profesorado de ensino non universitario.

Programa – XXVII Curso de Pensamento e Comunicación Carlos Gurméndez: “Galicia, identidade e gobernanza no mundo actual”

O Campus Industrial de Ferrol acolle unha nova edición do Curso de Pensamento e Comunicación Carlos Gurméndez os días 1, 2 e 3 de xullo
O Campus Industrial de Ferrol acolle unha nova edición do Curso de Pensamento e Comunicación Carlos Gurméndez os días 1, 2 e 3 de xullo