Valor botánico e histórico

Os xardíns do Campus de Esteiro

Abelia grandiflora Rehder

Pequeno arbusto que pode acadar os 1,5 m de altura. Follas de color verde con tonalidades purpúreas, semiperennes, sinxelas, lanceoladas e opostas. 

Picea abies (L.) Karsten

A maioría das píceas do Campus proveñen da árbore de nadal que estaba plantada. Presenta un tronco dereito, cilíndrico e groso que se estreita gradualmente, do que saen ramas en verticilos. 

Neriun oleander L.

Apreciada polo seu valor ornamental, presenta flores grandes e vistosas que poden ter varias cores . As follas dispóñense ao redor dun punto do tallo, de dúas en dúas ou de tres en tres. 

Cryptomeria japonica

A especia do Campus é da variedade “Elegans”. Presenta porte inclinada con cortiza vermella que se esfiaña en pequenas tiras.

Prunus cerasifera Ehrh. cv. atropurpurea

Presenta follas caducas, alternas, simples, ovais ou ovadas, pecioladas, aserradas, vermellas ao principio e despois oscurécense a vermello-purpúreo escuro. Ten flores brancas de cedo antes da saída das follas. 

Rhododendron sp.

Presentan follas pequenas e flexibles, en algunhas especies, caducas. As flores forman grupos máis pequenos, de 2-3 flores, e incluso poden aparecer illadas.

O exemplar do Campus ten máis de 15 anos. É de tipo denominado “Youngii”, máis decorativo pola súa cortiza máis branca e as súas ramas máis péndulas. 

Presenta tronco flexuoso, follas caducas, alternas, simples, oval-romboidais, dobremente aserradas. 

Euonymus japonicus

Arbusto de folla perenne, simple, coriácea e verde escura brillante. 

Buxus sempervirens L

Os dous exemplares do Campus estaban situados nunha área axardinada entre os pavillóns de Medicina e Cirurxía do antigo hospital. 

Presenta follas perennes, opostas, simples, elípticas, coriáceas e brillantes. 

Zantedeschia aethiopica (L.) Sprengel

As flores nacen do chan  dun tallo subterráneo formando grupos esféricos; son grandes, de cor verde escura e consistencia herbácea. As flores están agrupadas ao longo dun eixe carnoso, as superiores, son masculinas e as da base, femininas, o grupo ten color amarelo. 

Camellia japonica L.

Os xardíns do Hospital de Marina contaban en 1900 cos mesmos exemplares que conta hoxe en día o Campus, pero algúns foron trasladados aos xardíns exteriores da entrada. 

Presentan follas perennes e lustrosas, así como floración no inverno. 

Arundinaria japonica Sieb. et Zucc. ex Stende

Forma parte da flora antiga do xardín- Gramínea de gran tamaño con canas de sección circular, sen estrías lonxitudinais, de cor verdosa. 

Quercus robur L.

Presenta cortiza agrisada e lisa ao principio e despois grosa, pardusca e agretada. Ten follas caducas, simples, alternas, lobuladas, de cor verde escura pola face e máis claras ou branquecinas polo envés, glabras e pecioladas. As flores masculinas e femininas, separadas. O froito é a bellota. 

Cedrus atlantica (Endl.) Carr.

Presenta folla perenne, aciculares, ríxidas, verde glauco por ambas caras e a maioría agrupadas en braquiblastos. Flores unisexuais na mesma árbore. 

Cedrus Libani A. Richard

Situado nos xardíns exteriores do Campus. Presenta magnífico porte coas ramas formando capas despregadas, extensas e planas. 

Laburnum anagyroides Med.

Árbore de folla caduca, composta por tres foliolos, con pecíolo pubescente así como envés foliar. Todas as partes da planta son tóxicas, sobre todo flores e froitos verdes. 

Populus simonii Carrieré

Os exemplares do Campus son os únicos que ata o momento hai en Ferrol. É un chopo pequeno comparado con outras variedades. Presenta copa estreita, cortiza lisa e blanquecina. As follas son de cor verde  brillante, máis pálidas polo envés. 

Populus alba L.

Presenta cortiza gris-blanquecina con lenticelas negras e romboidais. Ten folla caduca, ao despregarse é branca debido á pubescencia que a cubre, despois faise verde escura brillante pola face. 

Cordyline australis Hook

É actualmente a planta máis utilizada para decoración interior no Campus. Presenta tronco robusto e recto que se ramifica despois da primeira floración. Follas perennes, colocadas nas ramas a modo de penachos terminais, estreitándose cara a punta. Flores pequenas, brancas e olorosas. 

Escallonia rubra

Pequeno arbusto de folla perenne, simple de cor verde escura brillante pola face e máis clara polo envés. As flores son hermafroditas, de cor vermella, dispostas en panículas terminais. No xardín do Campus forma pequenas sebes. 

Ficus carica

A figueira do Campus naceu espontáneamente ao abrigo dun dos seus muros e simboliza a fecundidade. Presenta follas caducas, grandes, ásperas, pecioladas e co limbo palmeado-lobulado. 

Ficus virens Ait.

Árbore rara en España e aínda máis en Galicia. Presenta follas caducas, simples, pecioladas, elíptico-ovais, de 15-17 cm de lonxitude, base redondeada o tuncada e cor verde brillante pola face, máis clara polo envés. 

Hydrangea macrophylla (Thunb.) Ser.

Arbusto con folla caduca, oposta, simple, ovadas ou ovais, pecioladas, e de cor verde intensa. As flores son hermafroditas, reúnense en corimbos terminais de cor violeta, púrpura, azul ou branco. 

Yucca gloriosa L.

Os exemplares do Campus son moi antigos. Pequeno arbusto formado por un tronco que pode, ou non, ramificarse, cuberto polas vainas das follas caídas. Na terminación do tronco, un penacho de follas perennes, linear-lanceoladas, coriáceas, duras, de cor verde.

Magnolia grandiflora L.

Os exemplares do Campus son singulares xa que pertencen ao grupo de árbores que se plantaron na súa orixe. Presenta folla perenne, alterna, simple, oval-oblonga, de cor verde escura brillante. As flores son grandes, de pétalos brancos, carnosos e perfumados.

Morus alba L.

Os dous exemplares do Campus plantáronse en 1996. Presenta folla caduca, simple e de formas distintas:  lobuladas ou ovadas, con marxe dentada, brandas, verde-claro e face brillante. 

Acacia melanoxylon R. Br

O xardín do Campus de Ferrol ten sete exemplares, catro de tamaño considerable e son os máis vellos da cidade. Presenta follas biparipinnado-compostas e flores hermafroditas, dispostas en racimos de cor branca  cremosa. 

Fraxinus ornus L.

Árbore rara en España e aínda máis en Galicia. Presenta follas caducas, simples, pecioladas, elíptico-ovais, de 15-17 cm de lonxitude, base redondeada o tuncada e cor verde brillante pola face, máis clara polo envés. 

Phoenix canariensis Hort. ex Chabaud

Os dous exemplares do Campus datan de diferentes anos: o  máis vello forma parte do xardín dende a súa orixe e é masculino. O exemplar máis novo foi plantado en 1950 e é feminino. 

Presentan porte maxestosa pola súa copa frondosa e a cor verde de intenso follaxe. 

Paulownia tomentosa (Thunb.) Stend

O exemplar do Campus e o máis antigo de Ferrol. Presenta folla caduca, moi grande, pentalobulada, oposta, profundamente acorazonada, acuminada; de cor verde pálida, con pubescencia suave pola face e densa polo envés. As flores son de cor violeta ou azul purpúreo. 

Petasites fragans (Vill.) C. Presl

Forma parte da flora ornamental antiga dos xardíns do Campus. A finais de verán caénlle as follas que nacen directamente de tallos subterráneos e que se estenden polo chan a modo de rede. Ten un intenso ulido a vainilla. 

Araucaria excelsa (Lamb.) R. Br.

Árbore peculiar pola súa porte piramidal. Presenta folla perenne e ramas horizontais “en pisos”. 

No Campus a única árbore que representa esta especie existe dende as orixes do xardín, polo que se lle calcula máis de 100 anos. 

Agave americana L.

As follas dispóñense en roseta ao redor dun corto tallo, de forma que parecen saír do chan. Presenta superficie lisa, 1-2 m de lonxitude e son moi carnosas. Forma ancha e encintada e cor verde. 

Platanus hispanica Mill. Ex Múnchh

As aliñacións que hai no Campus son típicas de principios do século XX. Presentan follas de verde pardusco pálido con flores unisexuais e unha cortiza moi característica pola forma que ten de desprenderse en placas deixando manchas claras no tronco. 

Cortaderia selloana

As follan teñen 1 metro de lonxitude, son estreitas, de cor glauca, cun borde dentado. No outono saen as flores. 

Rhododendron arboreum Sm.

Presentan follas perennes, coriáceas, alternas, enteiras, de cor verde escura brillantes polo face e máis claras polo envés. As flores son hermafroditas, grandes, dispostas en vistosos grupos, de cor variable. 

Taxus baccata L.

Presenta follaxe perenne de cor verde escura. As follas lineares, máis claras polo envés que pola face, sitúanse ao redor da rama, pero nas ramas horizontais torcen a súa base para dispoñerse en fileiras. 

Thuja orientalis L.

Presenta follas escamiformes, perennes, simples, esmagadas e dispostas en catro series aplicadas a toda a lonxitude da ramilla. É de cor verde escura pola face e polo envés. As flores masculinas son moi pequenas, de cor amarela apagada, situadas no extremo das ramas; as femininas son maiores e de cor verde-azulada ao desenvolverse. 

Thuja plicata D. Don ex Lambert

Presenta gran porte, con follas escamiformes e aplicadas ás ramas de cor verde luminosa pola face e máis pálida e con raias branquecinas polo envés. As flores son masculinas e femininas, están separadas, e dispóñense no ápice das ramillas. 

Juniperus chinensis L

Os exemplares do Campus pertencen a unha variedade de baixo porte que crece algo espallada. Presenta folla perenne. En diversos países de Europa foi utilizado para botar os malos espíritos do corpo e das casas. 

Bibliografía: Leira Ambrós, MJ. (2002). Los jardines del Campus de Esteiro. Universidade da Coruña