Ferrol, 9 de abril de 2024.- Máis de 100 estudantes de ESO e de BACH de distintos puntos de Galicia participan este venres, 12 de abril, de 09:30 a 14:30 horas, na III Olimpíada Robótica que organiza a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña. A competición terá lugar no pavillón cuberto do Centro de Educación Infantil Primaria de Esteiro e o acto de entrega de premios, previsto para as 14:00 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do campus ferrolán.
Ao longo da mañá, o alumnado participante, dividido en 26 equipos de entre tres e seis persoas, terá que superar tres retos: un segue liñas con obstáculos, a proba do “Barrendeiro” e unha competición de sumo. No segue liñas, o robot debe seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñan no seu camiño. Na proba do “Barrendeiro”, o estudantado terá que empregar algoritmos similares aos que empregan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro. Acadará a maior puntuación aquel equipo que consiga barrer todos os obxectos do taboleiro no menor tempo posible. Por último, na competición de sumo, os equipos medirán as súas forzas nun cara a cara, no que deberán expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo.
Nesta III Olimpíada Robótica participará estudantado de secundaria e de bacharelato do Colexio Plurilingüe Compañía de María e do IES Salvador de Madariaga da Coruña, do IES Saturnino Montojo, do Colexio Tirso de Molina e do Colexio Cristo Rey de Ferrol, do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha de Betanzos e do IES Perdouro de Burela.
Equipo | Nome | Colexio | |
1 | RoboComp1 | Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña) | |
2 | RoboComp2 | Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña) | |
3 | Falacias | IES Salvador de Madariaga (A Coruña) | |
4 | Supermontis | IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña) | |
5 | Saturnianas | IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña) | |
6 | Montipython | IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña) | |
7 | Noskponer | Colexio Tirso de Molina (Ferrol, A Coruña) | |
8 | Los ingenieros de la fe | Colexio Cristo Rey (Ferrol, A Coruña) | |
9 | Bolita | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
10 | Tomate | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
11 | RCP | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
12 | 111 | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
13 | Hamburguesas Extintas | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
14 | CAM | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
15 | MJ63 | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
16 | Jamón Serrano | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
17 | Los evidentes | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
18 | Bonito-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
19 | Torques-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
20 | Dalsy Laranxa | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
21 | Marosa-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
22 | Perdouro-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
23 | Burela-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
24 | Cantiño-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
26 | Portelo-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
26 | Reliño-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) |