Ferrol, 9 de xaneiro de 2024.- A vicerreitora en funcións do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, participa mañá, mércores 10 de xaneiro, ás 10:30 horas, no Parador Turístico da cidade departamental, nunha nova edición do programa “Conversas no Parador” que promove o Club de Prensa de Ferrol.
María Jesús Movilla tomou posesión como vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social o 14 de xaneiro de 2020 substituíndo a Araceli Torres Miño. No eido da xestión universitaria ocupou o posto de subdirectora de Enfermaría na Escola de Enfermaría e Podoloxía entre os anos 2009 e 2011 e o de vicedecana de Enfermaría da Facultade de Enfermaría e Podoloxía no período 2011-2015.
Na actualidade, imparte docencia no grao en Enfermaría e no grao en Podoloxía da Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial de Ferrol e no grao en Terapia Ocupacional da Facultade de Ciencias da Saúde no Campus da Coruña. Pertence ao Grupo de Investigación Cardiovascular GRINCAR da Universidade da Coruña, desde onde coordina o Laboratorio de Investigación Cualitativa en Ciencias da Saúde (LICcs).
A asistencia á esta actividade promovida polo Club de Prensa de Ferrol é libre ata completar o aforo da sala. Prégase confirmar asistencia enviando un correo electrónico info@clubdeprensadeferrol.com antes das 20:00 horas do martes 9 de xaneiro.