Ferrol, 26 de abril de 2022.- A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, e a directora do Campus Industrial, Ana Ares, recibiron este luns, na Sala de Xuntas da Vicerreitoría, ao alcalde do Concello das Somozas, Juan Alonso Tembrás, quen se amosou moi interesado en explorar novas vías de colaboración coa Universidade da Coruña, e máis concretamente co Campus Industrial de Ferrol.
A xornada rematou cunha visita ao Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) onde foi recibido polo seu director científico, Armando Yáñez, e máis pola súa directora técnica, Anne Gosset.