O alcalde de Valdoviño, Alberto González, visita o Campus Industrial de Ferrol

Durante a visita ao Campus Industrial de Ferrol, o alcalde do Concello de Valdoviño, Alberto González, e a concelleira de Cultura e Educación, Rosana García, visitaron o Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) e algúns dos laboratorios do Edificio de Talleres pertencente á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF).

Ferrol, 30 de marzo de 2022.- A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, e a directora do Campus Industrial, Ana Ares, recibiron este mércores, na Sala de Xuntas da Vicerreitoría, ao alcalde do Concello de Valdoviño, Alberto González, e á concelleira de Cultura e Educación, Rosana García, quen se amosaron moi interesados en explorar novas vías de colaboración coa Universidade da Coruña, e máis concretamente co Campus Industrial de Ferrol.

A xornada rematou cunha visita ao Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) onde o alcalde e a concelleira de Valdoviño foron recibidos polo seu director científico, Armando Yáñez, e máis pola súa directora técnica, Anne Gosset.