Ferrol, 19 de abril de 2024. O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, o vindeiro xoves 25 de abril, a partires das 16:30 horas, a I Xornada de Enfermaría Laboral “Saúde no traballo: seguridade e benestar” que organiza o Colexio Oficial de Enfermaría da Coruña xunto coa Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña e Navantia, en colaboración coa Asociación de Especialistas en Enfermaría do Traballo (AET), coa Asociación de Especialistas en Enfermaría do Traballo de Galicia (AETGa) e máis con Quirón Prevención.
Tal e como indican desde o Colexio Oficial de Enfermaría da Coruña, o obxectivo desta xornada é o de dar a coñecer o papel da enfermaría na súa especialidade de enfermaría do traballo, así como ao resto de profesionais que colaboran directamente con estes especialistas formando un equipo multidisciplinar dentro dos servizos de prevención no eido laboral. De feito, o programa da xornada inclúe unha visita, o vernes 26 de abril, de 11:00 a 14:00 horas, ao Servizo de Prevención e ao Servizo Médico de Navantia en Ferrol.
A I Xornada de Enfermaría Laboral “Saúde no traballo: seguridade e benestar” está dirixida a titulados e tituladas en enfermaría, especialistas en enfermaría do traballo e a estudantes de enfermaría. Todas as persoas interesadas en asistir ao evento deberán formalizar a súa inscrición a través páxina web www.colegioenfermeriacoruna.org antes das 23:59 horas do luns 22 de abril. Máis información no correo electrónico colegio@coecoruna.org ou ben chamando ao 981 168 033.
Programa – I Xornada de Enfermaría Laboral “Saúde no traballo: seguridade e benestar”
Inscrición – I Xornada de Enfermaría Laboral “Saúde no traballo: seguridade e benestar”