O Campus Industrial de Ferrol acolle mañá a presentación dun libro sobre os conflitos e tensións nas sociedades portuarias do norte peninsular entre os séculos XVI e XIX

Ferrol, 8 de febreiro de 2023.- . A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, a directora do Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, Nieves Pena, e o profesor de Historia Moderna Manuel Reyes García Hurtado, presentan mañá, xoves 9 de febreiro, ás 12:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, o libro Conflitos e tensións nas sociedades portuarias do norte peninsular (S. XVI – XIX) no que se realiza unha análise de corte institucional centrada na política naval e, máis concretamente, en aspectos como os subministros de man de obra para os arsenais, as tripulacións ou as construcións.