Ferrol, 9 de outubro de 2023.- A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla Fernández, e a directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel Toimil, inauguran mañá, martes 10 de outubro, ás 09:30 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, a xornada de voluntariado “Falemos de Solidariedade” que organiza a Asociación ASCM Galicia.
O programa da xornada inclúe as intervencións da técnico da Oficina de Voluntariado do Concello de Ferrol, Esperanza López López, da técnico da Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña no Campus Industrial de Ferrol, Vanessa Míguez Martín, da profesora do Colexio La Salle de Ferrol, Mónica Lorenzo, da técnico da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF), María López Carballeira, do coordinador da Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares e Enfermidades Oncohematolóxicas (ASOTRAME), David Vivar Vizoso, e da presidenta de ASCM Galicia, Paula Gárate.
Está previsto que a delegada da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros Barros, e a concelleira delegada especial de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa María Martínez Beceiro, clausuren a xornada de voluntariado “Falemos de Solidariedade” ás 13:15 horas.