O Campus Industrial de Ferrol acolle mañá unha conferencia sobre o buque dixital da man da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos

Ferrol, 20 de febreiro de 2024.- O salón de actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle mañá, mércores 21 de febreiro, ás 18:00 horas, a conferencia “Buque dixital, como é a nova xeración de plataformas navais intelixentes?” da man do director de Programas de Produtos Intelixentes de Navantia, Juan Ignacio Silvera Vez, no marco da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos que promove a Universidade da Coruña xunto con Navantia.

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, e o codirector da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos, o director de Proxecto de Navantia Seanergies e profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Fernando Lago, presentarán unha conferencia que poderá seguirse, de xeito presencial, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol ata completar aforo, e en liña, a través da páxina web www.catedracosmealvarez.com.

Cartel promocional da conferencia impartida polo director de Programas de Produtos Intelixentes de Navantia, Juan Ignacio Silvera Vez, no marco da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos que promove a Universidade da Coruña xunto con Navantia.