O Campus Industrial de Ferrol acolle os días 13, 14 e 15 de setembro o coloquio internacional “Un océano, dous destinos”

Ferrol, 8 de setembro de 2023.- O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, os días 13, 14 e 15 de setembro, o coloquio internacional “Un océano, dous destinos. Ferrol e Portsmouth entre 1700 e 1850: Armada, arquitectura, tecnoloxía, patrimonio e cultura urbana” que organiza o profesor de Historia Moderna da Facultade de Humanidades e Documentación, Manuel Reyes García Hurtado, co apoio da Secretaría Xeral de Política de Defensa do Ministerio de Defensa.

Tal e como explica o profesor García Hurtado, o coloquio internacional “Un océano, dous destinos” achegará ata a cidade departamental aos principais investigadores e investigadoras do Reino Unido no eido da Historia Marítima e Portuaria “para que coñezan a Universidade da Coruña e, máis concretamente, o Campus Industrial de Ferrol co obxectivo de convertelos, ao seu regreso, en embaixadores e embaixadoras da cidade nas súas aulas, nas súas publicacións e tamén nas súas relacións persoais.”

Deste xeito, o coloquio internacional “Un océano, dous destinos” dá continuidade a un proxecto de promoción da cidade de Ferrol no Reino Unido iniciado en 2020 coa organización, por parte do profesor García Hurtado, do simposio internacional “Beloved Enemy. United Kingdom and Spain in the 18th Century” no Instituto de Estudos Avanzados da University College London.

Todas as conferencias incluídas no programa do coloquio poderán seguirse de xeito presencial ou en liña a través de Zoom. As inscricións poderán formalizarse de xeito totalmente gratuíto ata as 14:00 horas do luns 11 de setembro a través dun formulario web ou enviando un correo electrónico a reyes@udc.es.

Mércores 13 de setembro de 2023

 

Ás 09:00 horas – Inauguración

 

Ás 09:15 horas – Exploiting sea control: Portsmouth dockyard, industrialisation, technology and strategy, 1815 – 1850

Dr.D. Andrew Lambert – Professor of Naval History (King’s College London)

 

Ás 10:15 horas – Sobre un leviatán: o arsenal de Ferrol (1720 – 1820)

Dr. D. José Manuel Vázquez Lijó

Profesor Asociado de Historia Moderna (Universidade da Coruña)

 

Ás 11:15 horas – A importancia de Ferrol como porto alternativo a Cádiz para as expedicións da Armada no Atlántico durante a primeira metade do século XVIII

Dra. Dª María Baudot Monroy

Investigadora Naval

 

Ás 12:15 horas – Pausa

 

Ás 12:30 horas – Emulando a Trajamo. Carlos III e a conclusión da cidade-arsenal da mariña de Ferrol (1783)

Dr. D. Alfredo Manuel Vigo Trasancos

Catedrático Emérito de Historia da Arte (Universidade de Santiago de Compostela)

 

Ás 13:30 horas – Das bambalinas da Ilustración aos escenarios para a sociabilidade burguesa. Teatros e outros recintos para a cultura e o ocio en Ferrol

Dr. D. Jesús Ángel Sánchez García

Catedrático de Historia del Arte (Universidade de Santiago de Compostela)

 

Ás 14:30 horas – Fin da Sesión

 

Ás 16:00 horas – A hospitalidade dun porto de guerra. Viaxeiros e aloxamentos en Ferrol entre 1779 e 1850

Dr. D. Juan David Díaz López

Profesor Tutor (Universidade Nacional de Educación a Distancia)

 

Ás 17:00  horas – Revolta popular nos arsenais de Mariña: do reinado de Carlos IV á Guerra de Independencia

Dr. D. José María Cardesín Díaz

Catedrático de Historia dos Movementos Sociais (Universidade da Coruña)

 

Ás 18:00 horas – Pausa

 

Ás 18:15 horas – Memoria empresarial de Ferrol, 1750 – 1850

Dra. Dª Elvira Lindoso Tato

Profesora Titular de Historia e Institucións Económicas (Universidade da Coruña)

 

Ás 19:15 horas – O Arsenal de Ferrol en comparación co de Portsmouth e outras bases navais

  1. Juan Antonio Rodríguez-Villasante Prieto (Membro do Consello Internacional de Monumentos e Sitios) y Dª Carmen Perales Garat (Licenciada en Historia)

 

Ás 20:15 horas – Debate

 

Ás 21:00 horas – Fin da xornada

 

Xoves 14 de setembro de 2023

 

Ás 09:00 horas – Anatomía da cidade atlántica na Europa do Antigo Réxime

Dr. D. Tomás Antonio Mantecón Movellán

Catedrático de Historia Moderna (Universidade de Cantabria)

 

Ás 10:00 horas – A coroa británica e Ferrol no século XVIII: códigos, mapas e intelixencia

Dr. D. Manuel-Reyes García Hurtado

Profesor Titular de Historia Moderna (Universidade da Coruña)

 

Ás 11:00 horas – What influences shaped Portsmouth as Britain´s principal 18th century naval base?

Dra. Dª Ann Veronica Coats

Reader in Maritime Heritage (University of Portsmouth)

 

Ás 12:00 horas – Pausa

 

Ás 12:15 horas – Origins of the 18th century defence landscape of Portsmouth and the Solent

Dr. D. Dominic Fontana

Senior Lecturer in Geography (University of Portsmouth)

 

Ás 13:15 horas – Naval desertion: everyday resistance in Northern Europe during the 18th century

Dr. D. James Davey

Lecturer in History (University of Exeter)

 

Ás 14:15 horas – Fin da Sesión

 

Ás 16:00 horas – Seapower on parade: Portsmouth and maritime art c.1700-c.1850

Dr. D. Pieter van der Merwe

Greenwich Curator Emeritus (National Maritime Museum, Londres)

 

Ás 17:00 horas – Haslar Hospital and British naval medicine, c.1750-c.1820: the institutionalisation of disease?

DRA. Dª Sara Caputo

Affiliated Lecturer (University of Cambridge)

 

Ás 18:00 horas – Pausa

 

Ás 18:15 horas – Technological innovations at Portsmouth dockyard, 1793-1815: their objectives and their impact

Dr. D. Roger Morriss

Senior Lecturer in History (University of Exeter)

 

Ás 19:15 horas – Conflict and Consensus in Sailortown: Sailors, Soldiers and the Local Community in Portsmouth during the mid-nineteenth century

Dr. D. Brad Beaven

Professor of Social and Cultural History (University of Portsmouth)

 

Ás 20:15 horas – Debate

 

Ás 21:00 horas – Fin da Xornada

 

Venres 15 de setembro de 2023

 

Visitas guiadas ao Arsenal, ao Castelo de San Felipe e paseo en barco pola Ría.

 

Programa do coloquio internacional “Un océano, dous destinos. Ferrol e Portsmouth entre 1700 e 1850: Armada, arquitectura, tecnoloxía, patrimonio e cultura urbana”