O Campus Industrial de Ferrol amplía a súa oferta formativa cun máster interuniversitario en Vehículos Autómonos único no noroeste peninsular

Ferrol, 22 de xuño de 2026. A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acollerá, a partires do mes de setembro, o Máster Universitario en Vehículos Autónomos (MUVA), unha titulación interuniversitaria pioneira no noroeste peninsular pensada para formar a profesionais do eido da enxeñaría que sexan quen de deseñar, percibir e controlar sistemas autónomos en calquera medio. Detrás deste título están as tres universidades públicas galegas: a Universidade de Vigo (UVigo), quen exerce como coordinadora, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade da Coruña (UDC).

Ademais de neste centro do Campus Industrial de Ferrol, este título interuniversitario impartirase na Escola de Enxeñaría de Aeronáutica e do Espazo, situada no Campus Auga de Ourense e pertencente á Universidade de Vigo (UVigo), e na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, emprazada no Campus Terra de Lugo e pertencente á Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ao longo dos dous primeiros cuadrimestres, o alumnado recibirá formación común vinculada ao eido da robótica. O programa inclúe materias relacionadas coa percepción e fusión sensorial, coa visión artificial, co mapeado e a localización, coas comunicacións, cos sistemas embebidos ou mesmo coa robótica móbil.

O terceiro cuadrimestre será o da especialización, orientando así ao seu estudantado cara o sector da automoción, da aeronáutica ou do naval. Deste xeito, a Universidade de Vigo (UVigo) formará a seu alumnado no eido dos vehículos terrestres abordando temas como o modelado e simulación de vehículos terrestres, o control de vehículos terrestres ou a enxeñaría de vehículos terrestres. Pola súa banda, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) especializarase no campo dos vehículos aéreos ofrecendo formación específica en robótica aérea, na dinámica de voo, no guiado, navegación e control e mesmo nos denominados sistemas de observación. Para rematar, a Universidade da Coruña (UDC) centrarase no eido dos vehículos mariños con materias vinculadas á enxeñaría de vehículos mariños, ao control de vehículos mariños, á sensorización e comunicación submarina e ás estratexias para as operacións mariñas.

Esta nova titulación contará con 24 prazas distribuídas de xeito equilibrado entre as tres universidades participantes. Así, a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) disporá de 8 prazas, a mesma cifra que a Escola de Enxeñaría de Aeronáutica e do Espazo (Ourense) e a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (Lugo). A formación combinará docencia presencial e en liña e está dirixida principalmente a persoas graduadas en Enxeñaría Informática, Enxeñaría Industrial, Telecomunicacións, Enxeñaría Naval e Oceánica, así como noutras ramas de enxeñaría afíns.

Preinscrición e matrícula

O prazo de inscrición nos másters universitarios da Universidade da Coruña (UDC) para o curso 2026/27 permanecerá aberto ata o vindeiro 13 de xullo. A listaxe provisional de persoas admitidas publicarase o 24 de xullo abríndose un período de reclamacións que se prolongará ata o día 26. As listaxes definitivas daranse a coñecer o 30 de xullo polo que a matrícula poderá realizarse entre o 31 de xullo e o 4 de agosto.

Másters universitarios no Campus Industrial de Ferrol Curso 2026/27

Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF)

Nome Tipo Modalidade Créditos Prazas
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial Habilitante Presencial 120 40
Máster Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica Habiltante Presencial 120 20
Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade Internacional Presencial  En Liña 60 25
Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica Interuniversitario Presencial  En Liña 60 30
Máster Universitario en Fabricación Aditiva Interuniversitario Presencial 60 10
Máster en Realidade Estendida Interuniversitario Presencial 90 10
Máster Universitario en Vehículos Autónomos Curso 2026/27 Interuniversitario Presencial  En Liña 90 8
Máster Universitario en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sostible   Presencial
En liña
90 30
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos   Presencial 120 20
Máster Erasmus Mundus Renewable Energy and Sustainable Construction – RESCO Curso 2026/27 Internacional Presencial 120 35

 

Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI)

Nome Tipo Modalidade Créditos Prazas
Máster Universitario en Deseño Industrial   Presencial 60 20

 

Facultade de Ciencias do Traballo (FCT)

Nome Tipo Modalidade Créditos Prazas
Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns   Presencial 60 40
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral Interuniversitario Presencial 60 30

 

Facultade de Humanidades e Documentación (FHD)

Nome Tipo Modalidade Créditos Prazas
Máster Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas   Presencial 60 20
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade Interuniversitario Presencial 60 10

 

Portal de Estudos da Universidade da Coruña

Preinscrición e matrícula

o profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Félix Orjales, coordina este título interuniversitario na Universidade da Coruña (UDC
o profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Félix Orjales, coordina este título interuniversitario na Universidade da Coruña (UDC