Ferrol, 3 de outubro de 2022.- O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, o vindeiro luns 10 de outubro, ás 12:00 horas, o obradoiro “Oratoria Experiencial. Conecta co teu público e as súas emocións” impartido pola socia fundadora de Nuria Neira Consulting, a ferrolá Nuria Neira. As persoas interesadas en participar deberán enviar un email cos seus datos persoais a comunicacion.campus.industrial@udc.gal ou ben chamar ao 881 01 3621 antes das 14:00 horas do venres 7 de outubro. A actividade está aberta a toda a comunidade universitaria e demais público interesado.
Nuria Neira é unha recoñecida consultora independente especializada nas áreas de Marketing, Comunicación e Distribución Estratéxica para proxectos emerxentes e sostibles de moda e beleza. En setembro de 2019 publicou o seu primeiro libro “Oratoria Experiencial. Conecta co teu público e as súas emocións” (Editorial RA-MA) e, pouco tempo despois, en novembro de 2021, sairía á luz “La Nueva Era de la Moda: La Guía Definitiva para a Moda Emergente” (Felinu Books).
Inscrición – Obradoiro “Oratoria Experiencial. Conecta co teu público e as súas emocións”