O Campus Industrial de Ferrol organiza un workshop sobre tecidos intelixentes dirixido ao alumnado de Xestión Industrial da Moda e ao persoal investigador

Ferrol, 19 de outubro de 2022.- A Aula de Creación e Patronaxe da Facultade de Humanidades e Documentación acolle, o vindeiro luns 24 de outubro, a partires das 09:00 horas, o workshop “Fashion & Tech” que promove o Campus Industrial de Ferrol. A asesora en innovación educativa e especialista en educación na área dos e-téxtiles, Paola Guimeráns, impartirá un obradoiro de tecnoloxía aplicado á moda que lle ofrecerá ao alumnado do grao en Xestión Industrial da Moda unha aproximación ao estudo das metodoloxías, das tecnoloxías do-it-yourself e das ferramentas dixitais para a creación de proxectos vestibles.

Os preto de 50 estudantes matriculados na materia de terceiro curso “Tecnoloxía: Tecidos e Materiais” participarán, divididos en dous grupos, nun workshop no que se achegarán aos tecidos intelixentes e tamén ao campo da electricidade e dos circuítos básicos. Durante toda a xornada, o estudantado estará acompañado polos profesores Ramón Artiaga e Jorge López Beceiro quen tamén participarán activamente no obradoiro.

Pola súa banda, a Aula 0 da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) acollerá, os días 7 e 9 de novembro, a partires das 16:00 horas, o workshop “Fashion & Tech – Advanced Edition” dirixido ao persoal docente e investigador do Campus Industrial de Ferrol. Nesta ocasión, Paola Guimeráns afondará no uso da plataforma Make Code, da placa Circuit Playground Express e na fabricación DIY de sensores. O obradoiro oferta un total de 15 prazas que serán cubertas por rigorosa orde de inscrición.

Inscrición no Workshop “Fashion & Tech – Advanced Edition” (persoal docente e investigador do Campus Industrial de Ferrol)

 A Aula de Creación e Patronaxe da Facultade de Humanidades e Documentación acolle, o vindeiro luns 24 de outubro, a partires das 09:00 horas, o workshop “Fashion & Tech” que promove o Campus Industrial de Ferrol
A Aula de Creación e Patronaxe da Facultade de Humanidades e Documentación acolle, o vindeiro luns 24 de outubro, a partires das 09:00 horas, o workshop “Fashion & Tech” que promove o Campus Industrial de Ferrol