O Campus Industrial de Ferrol recibe mañá aos participantes no IV Congreso Iberoamericano de Enxeñaría Naval que organiza a Cátedra Ghenova – UDC

Ferrol, 5 de outubro de 2023.- A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla Fernández, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, o almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, vicealmirante Ignacio Frutos Ruíz, e a directora do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Ana Ares Pernas, reciben mañá, venres 6 de outubro, ás 10:45 horas, nas inmediacións da Facultade de Humanidades e Documentación, á delegación integrada por máis de sesenta congresistas participantes no IV Congreso Iberoamericano de Enxeñaría Naval que organiza o Instituto Panamericano de Enxeñaría Naval Américas (IPIN) en colaboración coa Cátedra Ghenova – Universidade da Coruña e que tivo lugar, entre o 3 e o 5 de outubro, en Sevilla.

Logo da recepción por parte das autoridades, a Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acollerá unha mesa de traballo sobre tecnoloxías e o estado da construción naval na que intervirán o codirector do Centro Mixto de Investigación Navantia – UDC, Pablo Fariñas, o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, Vicente Díaz Casás, o director de Navantia Ferrol, Eduardo Dobarro, o director técnico do Programa de Fragatas F-110, Rafael Seijo, e o comandante da 31 Escuadrilla de Superficie da Armanda, Jesús Viñas Barciela.

O programa da xornada inclúe sendas visitas aos estaleiros de Navantia en Ferrol e Fene, ao Arsenal Militar de Ferrol e ao Museo da Construción Naval (Exponav), situado tamén na cidade departamental.

Máis información: https://ivcongresoiberoamericanoingenierianaval.com/

Foto: A ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, clausurou esta mañá a parte do congreso realizada en Sevilla.

A ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, clausurou esta mañá a parte do congreso realizada en Sevilla.
A ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, clausurou esta mañá a parte do congreso realizada en Sevilla.