O director de I+D+i en Navantia, Carlos Blanco, imparte este mércores unha conferencia sobre o buque sen cables no Campus Industrial de Ferrol

Ferrol, 6 de febreiro de 2023.- O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, este mércores 8 de febreiro, ás 19:00 horas, a segunda conferencia da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos no curso 2022/23 titulada “O Sistema de Servizos Integrados (SSI), un fito tecnolóxico no camiño da transformación dixital e o buque intelixente” e que imparte o director de I+D+i en Navantia, Carlos Blanco.

O Sistema de Servizos Integrados (SSI), desenvolvido por Navantia en colaboración coas Universidades de Vigo e da Coruña, busca reducir a cantidade de cables existentes nun buque mediante a utilización dunha infraestrutura común que dea soporte e cobertura integral a múltiples servizos como poden ser a iluminación, a megafonía ou a conectividade.

A conferencia poderá seguirse en directo a través da páxina web da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos.

Cartel promocional da segunda conferencia da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos no Curso 2022/23 titulada “O Sistema de Servizos Integrados (SSI), un fito tecnolóxico no camiño da transformación dixital e o buque intelixente” e que imparte, este mércores 8 de febreiro, ás 19:00 horas, o director de I+D+i en Navantia, Carlos Blanco