O Edificio de Batallóns acolle este xoves o acto de presentación da I Feira de Empresas e Talento FESTALENT que organiza o Campus Industrial da UDC

Ferrol, 31 de outubro de 2023.- A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, e a directora do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Ana Ares, presentan, en rolda de prensa, este xoves 2 de novembro, ás 12:30 horas, na Sala de Conferencia do Edificio de Batallóns, a I Feira de Empresas e Talento FESTALENT.

Patrocinan evento o Concello de Ferrol, a Armada, o Grupo Intaf, Detegasa, o Grupo JRilo, El Pulpo, Gabadi, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (Coeticor) e a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime).

A Feira de Empresas e Talento FESTALENT é unha aposta do Campus Industrial da Universidade da Coruña coa que pretende darlle visibilidade ás empresas da contorna e do resto de Galicia ao tempo que crea e potencia unha rede de contactos dirixida á mocidade universitaria que está próxima a incorporarse ao mercado laboral.