O embaixador de Palestina, Husni Abdel Wahed, analiza mañá o presente e o futuro do país de Oriente Medio no Campus Industrial de Ferrol

Ferrol, 4 de marzo de 2024.- A Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolle mañá, martes 5 de marzo, ás 17:00 horas, o coloquio “Palestina, presente e futuro” no que participan o embaixador xefe da misión diplomática de Palestina en España, Husni Abdel Wahed, como entrevistado; e o profesor de Historia Antiga da Universidade da Coruña, Juan Luis Montero Fenollós; como entrevistador.

O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, abrirá e pechará o acto de presentación do coloquio no que participará tamén a decana da Facultade de Humanidades e Documentación, Manuela del Pilar Santos. Está previsto que asista como público a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares.

O Campus Industrial da Universidade da Coruña promove, en colaboración coa Facultade de Humanidades e Documentación, un coloquio dirixido ao alumnado do Grao en Relacións Internacionais e aberto a toda a comunidade universitaria, así como ao público xeral interesado. A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo.

ENCONTRO COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Martes 5 de marzo de 2024 ás 13:00 horas

Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol.

Prégase confirmación de asistencia enviando un correo electrónico a comunicacion.campus.industrial@udc.gal ou ben chamando ao 881 01 3621