Ferrol, 12 de abril de 2024. O equipo Bonito-Bot, integrado polos estudantes de 1º de BACH do IES Perdouro de Burela Hugo Gorgojo, Gabriela Chumacero, Iago Ramos, Lucas Casal, Candela Fernández e Cayetana Trelles, vén de gañar o Gran Premio Final da III Olimpíada Robótica que tivo lugar este venres 12 de abril, entre as 09:30 e as 14:00 horas, no pavillón cuberto do Centro de Educación Infantil e Primaria de Esteiro, da man da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e do Campus Industrial da Universidade da Coruña.
Ao longo de toda a mañá, o alumnado participante, máis de 100 estudantes de ESO e de Bacharelato das provincias da Coruña e de Lugo, tivo que superar tres retos: un sigue liñas con obstáculos, a proba do “Barrendeiro” e unha competición de sumo. No sigue liñas, o robot debía seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñan no seu camiño. Na proba do “Barrendeiro”, o estudantado tivo que empregar algoritmos similares aos que empregan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro. Por último, na competición de sumo, os equipos mediron as súas forzas nun cara a cara no que debían expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo.
Nesta III Olimpíada Robótica participaron un total de 26 equipos integrados por estudantes de secundaria e/ou de bacharelato do Colegio Plurilingüe Compañía de María e do IES Salvador de Madariaga da Coruña, do IES Saturnino Montojo, do Colexio Tirso de Molina e do Colexio Cristo Rey de Ferrol, do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha de Betanzos e do IES Perdouro de Burela.
Gran Premio Final da III Olimpíada Robótica
Entregou o galardón: a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas
| Nome | Colexio | |
| Bonito-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
Premios á mellor puntuación na proba do Sumo
Entregou os galardóns: o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez González
| Equipo | Nome | Colexio | |
| 1 | Tomate | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
| 2 | Hamburguesas Extintas | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
| 3 | MJ63 | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
Premios á mellor puntuación na proba do Sigue Liñas
Entregou os galardóns: o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz Casás
| Equipo | Nome | Colexio | |
| 1 | Los evidentes | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
| 2 | Bolita | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
| 3 | Tomate | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
Premios á mellor puntuación na proba do Barrendero
Entregou os galardóns: o coordinador da III Olimpíada Robótica, o profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Juan Manuel Rivas Rodríguez
| Equipo | Nome | Colexio | |
| 1 | Jamón Serrano | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
| 2 | Bonito-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
| 3 | Los ingenieros de la fe | Colexio Cristo Rey (Ferrol, A Coruña) | |
Listaxe completa dos equipos participantes
| Equipo | Nome | Colexio | |
| 1 | RoboComp1 | Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña) | |
| 2 | RoboComp2 | Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña) | |
| 3 | Falacias | IES Salvador de Madariaga (A Coruña) | |
| 4 | Supermontis | IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña) | |
| 5 | Saturnianas | IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña) | |
| 6 | Montipython | IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña) | |
| 7 | Noskponer | Colexio Tirso de Molina (Ferrol, A Coruña) | |
| 8 | Los ingenieros de la fe | Colexio Cristo Rey (Ferrol, A Coruña) | |
| 9 | Bolita | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
| 10 | Tomate | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
| 11 | RCP | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
| 12 | 111 | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
| 13 | Hamburguesas Extintas | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
| 14 | CAM | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
| 15 | MJ63 | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
| 16 | Jamón Serrano | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
| 17 | Los evidentes | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña) | |
| 18 | Bonito-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
| 19 | Torques-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
| 20 | Dalsy Laranxa | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
| 21 | Marosa-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
| 22 | Perdouro-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
| 23 | Burela-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
| 24 | Cantiño-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
| 26 | Portelo-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |
| 26 | Reliño-Bot | IES Perdouro (Burela, Lugo) | |

