Ferrol, 15 de setembro de 2023.- O coordinador do grao en Xestión Industrial da Moda, Manuel Escourido, e a profesora de Historia da Arte e da Moda, Mavi Lezcano, impartirán mañá, sábado 16 de setembro, ás 11:30 horas, no Pazo das Torres do Allo en Zas, cadansúa conferencia no marco da xornada “Presente e Futuro do Liño” que organizan as seccións de Turismo e Patrimonio da Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Zas, a Asociación de Amigos do Liño e a Universidade da Coruña.
A través desta xornada, na que hai inscritas máis de 150 persoas, a Deputación da Coruña e o resto de entidades colaboradoras pretenden amosar e pór en valor todo o traballo que implica a creación dunha peza de liño artesanal. O programa da xornada inclúe, a maiores, un desfile e unha degustación.
En representación da Universidade da Coruña está previsto que asista o reitor, Julio Abalde, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, e a directora do Campus Industrial, Ana Ares.