Suidade Deseño Galego gaña o I Concurso Iniciativa Emprendedora que promove a Universidade da Coruña xunto coa Fundación Ronsel

Ferrol, 31 de outubro de 2024.- Suidade Deseño Galego, unha marca de bolsos elaborados de xeito artesanal botando man de láminas de madeira de pino galego e de coiro curtido de xeito vexetal, detrás da que está a alumna do Grao en Xestión Industrial da Moda na Facultade de Humanidades e Documentación da UDC, Yolanda Blanco Pereiro, vén de acadar o primeiro premio no I Concurso Iniciativa Emprendedora que promove a Universidade da Coruña xunto coa Fundación Ronsel. Esta estudante do Campus Industrial de Ferrol recibiu un cheque por valor de 600 horas e 20 horas de asesoramento gratuíto para a maduración do seu proxecto empresarial.

Pola súa banda, DT Autopro, un taller especializado en pneumáticos e mecánica rápida para camións e turismos, liderado polo alumno do Máster en Enxeñaría Industrial na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), David Tojeiro Paz, fíxose co accésit deste certame para apoiar o emprendemento entre a comunidade universitaria e disporá de 8 horas de mentoría gratuíta para a mellora da súa idea de negocio.

O xurado estivo integrado polo co-fundador de Vermislab, Designthinking.gal e da Maker Faire Galicia, Enrique Saavedra; a presidenta da Asociación de Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal (AJE Ferrolterra) e fundadora de Más Cuidados Multiservicios e da Residencia Canina El Bosque, Yadira Tenreiro; o coordinador de Emprendemento na Fundación Ronsel, Rafael Vázquez Cobas; e a profesora da Universidade da Coruña, Verónica Crespo Pereira.

Tal e como explicaron antes do acto de entrega de premios, para a toma de decisións, este grupo de persoas expertas en empredemento valorou a orixinalidade e o carácter innovador da proposta, a viabilidade comercial da idea e da súa implementación no mercado, o grao de maduración da iniciativa, o impacto económico e social do proxecto, o grao de implicación da ou das persoas emprendedoras así como a exposición pública realizada este mércores, 30 de outubro, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, no marco da Xornada de Emprendemento ActitudE. Esta última é unha actividade de divulgación posta en marcha no marco dun convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e as tres universidades públicas galegas para a promoción e o apoio ao emprendemento na comunidade universitaria.

Cinco proxectos empresariais nados no Campus Industrial de Ferrol

Ademais de Suidade Deseño Galego e DT Autopro, no I Concurso Iniciativa Emprendedora presentáronse outros tres proxectos entre os que figuraba a spin-off Motion and Force Engineering Solutions (MFES), promovida polos investigadores do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) Javier Cuadrado Arnada, Urbano Lugrís Armesto e Florian Michaud.

Do mesmo xeito, neste certame impulsado pola Universidade da Coruña e a Fundación Ronsel, tamén participaron a plataforma en liña para pequenas e medianas empresas de moda emerxente Colykke, liderada polas alumnas do Grao en Xestión Industrial da Moda Candela Giz Rodríguez e Carla González Roca, así como a marca de xoiería artesá Emma Bracelets, detrás da que está a alumna do Máster en Enxeñaría Industrial Marina Vega Neira. Finalmente, todas as persoas participantes no concurso recibirán asesoramento gratuíto para madurar os seus proxectos empresariais.

a alumna do Grao en Xestión Industrial de Moda, Yolanda Blanco Pereiro, gaña o I Concurso Iniciativa Emprendedora que promove a Universidade da Coruña e a Fundación Ronsel coa súa marca de bolsos artesáns Suidade Deseño Galego, unha iniciativa que presentou de xeito telemático no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol.

avid Tojeiro Paz, alumno do Máster en Enxeñaría Industrial na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), conseguiu o accésit con DT Autopro, un taller especializado en pneumáticos e mecánica rápida para camións e turismos situado no Polígono Industrial de Cuíña, en Ortigueira. Acompáñano, a vicerreitora do Campus de Ferrol, Ana Ares, e o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez.

foto de familia dos integrantes da comunidade universitaria do Campus Industrial de Ferrol da UDC que participaron no I Concurso Iniciativa Emprendedora xunto co xurado, representantes da Fundación Ronsel e autoridades da Universidade.