Unha alumna do Campus Industrial de Ferrol opta a un dos tres premios do hackathon ‘Reto Enseña’ que organizan ORACLE e NUWE

Ferrol, 13 de maio de 2024.- A alumna da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Miriam Eimil Chao (As Pontes, 1999), opta a un dos tres premios do segundo hackathon “Reto Enseña 2.0” que organiza ORACLE España en colaboración con NUWE e no que participaron máis de 230 estudantes de máis de 40 universidades de todo o mundo. Esta alumna do Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática participou de xeito individual neste reto baixo o nome de “Purple Sector Team” e en representación da Universidade da Coruña.

As oficinas centrais de ORACLE España en Madrid acollerán, o 25 de xuño, a partires das 15:00 horas, o acto de entrega de premios ao que tamén asistirán os mozos e mozas que integran os equipos ‘Cachopo Team’ da Universidad Europea de Madrid (UE) e ‘The Nanos Team’ da Universitat Politècnica de Catalunya (UPC). Ningún dos tres equipos convocados ao evento sabe que posición ocupa no Top 3 da clasificación. Ao longo da xornada, participarán nun networking con persoal experto de ORACLE España e poderán probar o simulador de Fórmula 1 ORACLE Redbull.

O equipo que consiga o primeiro posto recibirá unha tarxeta regalo por valor de 1.000 euros e varias sesións de mentoring con persoal experto de ORACLE España. O segundo clasificado recibirá unha tarxeta regalo por valor de 600 euros e o terceiro outra por un importe de 400 euros. A maiores, as persoas integrantes dos equipos gañadores terán acceso gratuíto ás subscricións de aprendizaxe para estudantes de ORACLE.

Predicindo os resultados da próximas carreiras de Fórmula 1

Entre os meses de maio e xuño, a alumna do Campus Industrial de Ferrol, Miriam Eimil Chao, ao igual que o resto de estudantes universitarios participantes no segundo ‘Reto Enseña 2.0’ que organiza ORACLE en colaboración con NUWE, tivo que afondar no mundo da Fórmula 1 botando man da Ciencia de Datos, da Aprendizaxe Automática e da Intelixencia Artificial (IA) para intentar predicir cal ía ser a mellor carreira do ano.

Durante todo o proceso, a estudante da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), analizou con detalle, a través ORACLE Analytics Cloud, aqueles aspectos que converten unha carreira de Fórmula 1 nun evento inesquecible como poden sen os audaces adiantamentos, os estratéxicos pit-stops ou mesmo o clima.

Miriam Eimil Chao, alumna do grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), opta a un dos tres premios do hackathon “Reto Enseña 2.0” que organiza ORACLE España en colaboración con NUW
Miriam Eimil Chao, alumna do grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), opta a un dos tres premios do hackathon “Reto Enseña 2.0” que organiza ORACLE España en colaboración con NUW