A Gran Final Presencial do reto Challenge STEM reúne mañá a 25 estudantes de bacharelato de distintos puntos de Galicia no Campus Industrial de Ferrol

Ferrol, 10 de novembro de 2022.- O Salón de Actos Concepción Arenal acolle mañá, vernes 11 de novembro, ás 10:30 horas, o acto de inauguración da Gran Final Presencial do reto Challenge STEM no que participan un total de 25 estudantes de bacharelato da rama científica de distintos puntos de Galicia. A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, será a encargada de recibir aos participantes xunto coa directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, e co subdirector de Comunicación, Difusión e Estudantes da Escola Politécnica de Enxeñaría, Óscar Fontenla.

Ao longo do mes de outubro, preto de 270 estudantes de bacharelato da rama científica e de FP de toda Galicia, divididos en grupos de entre catro e seis persoas, estiveron a competir, colaborar e traballar para resolver os enigmas dun misterioso buque de metano chamado Mozah. Este desafío puxo a proba os seus coñecementos en materias como as matemáticas, o cálculo, a física, a química, ás ciencias e a tecnoloxía. Para levalo a cabo, contaron co apoio do profesorado do seu centro e puideron solicitar pistas puntuais durante todo o proceso.

Este venres, entre as 10:30 e as 14:00 horas, os cinco equipos clasificados na Gran Final Presencial do reto Challenge STEM seguirán afondando na historia deste buque de metano de 400 metros de eslora e 60 de manga. O que saben ata o de agora é que o Mozah realizou con éxito as súas tarefas de mantemento e que está listo para dirixirse ao seu novo destino. Con todo, antes de abandonar a Ría de Ferrol terá que superar unha última e complexa misión.

 

Listaxe de equipos clasificados na Gran Final Presencial do Challenge STEM

 

Nome do equipo Nome do centro Integrantes
1 CMC.01 Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña) Candela Garea Veiga, Yago lópez Solórzano, Marcos Pérez Graíñoíño, Eugenia Sánchez Castelo e Lucas Valencia Solá
2 Motor rotativo IES Pino Manso (O Porriño, Pontevedra) Martín González Morais, Diego García Abad, Carlos Pampillón Lorenzo e Daniel Piñeiro Freiría
3 SEK STEAM ONE Colexio Internacional Eirís ( A Coruña) Ruth Rodríguez Naya, Íñigo Fernández García, Rodrigo Sánchez Fuentes, Miguel Barral Buján, José Ángel Amarelle Varela
4 IESAGuía1 (IES A Guía (Vigo, Pontevedra) Rubén Conchouso Vázquez, Andrés Prol Mariño, Sofía Silva Covelo, Sofía Iglesias Fandiño, Samuel Pascual Cabaleiro e Noel Souto Carnero
5 Ciencia Viva Colexio Internacional SEK Atlántico (Poio, Pontevedra) Jaime Martínez Miramontes, Manuel Fernández Moldes, Frances lo Schiavo, Carlos González Tourís e Martín Buela Portela

 

 

Máis información en https://challengestem.gal/

Imaxe Promocional do reto Challenge STEM que promove o Campus Industrial de Ferrol
Imaxe Promocional do reto Challenge STEM que promove o Campus Industrial de Ferrol