Ferrol, 10 de novembro de 2022.- O Salón de Actos Concepción Arenal acolle mañá, vernes 11 de novembro, ás 10:30 horas, o acto de inauguración da Gran Final Presencial do reto Challenge STEM no que participan un total de 25 estudantes de bacharelato da rama científica de distintos puntos de Galicia. A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, será a encargada de recibir aos participantes xunto coa directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, e co subdirector de Comunicación, Difusión e Estudantes da Escola Politécnica de Enxeñaría, Óscar Fontenla.
Ao longo do mes de outubro, preto de 270 estudantes de bacharelato da rama científica e de FP de toda Galicia, divididos en grupos de entre catro e seis persoas, estiveron a competir, colaborar e traballar para resolver os enigmas dun misterioso buque de metano chamado Mozah. Este desafío puxo a proba os seus coñecementos en materias como as matemáticas, o cálculo, a física, a química, ás ciencias e a tecnoloxía. Para levalo a cabo, contaron co apoio do profesorado do seu centro e puideron solicitar pistas puntuais durante todo o proceso.
Este venres, entre as 10:30 e as 14:00 horas, os cinco equipos clasificados na Gran Final Presencial do reto Challenge STEM seguirán afondando na historia deste buque de metano de 400 metros de eslora e 60 de manga. O que saben ata o de agora é que o Mozah realizou con éxito as súas tarefas de mantemento e que está listo para dirixirse ao seu novo destino. Con todo, antes de abandonar a Ría de Ferrol terá que superar unha última e complexa misión.
Listaxe de equipos clasificados na Gran Final Presencial do Challenge STEM
Nº | Nome do equipo | Nome do centro | Integrantes |
1 | CMC.01 | Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña) | Candela Garea Veiga, Yago lópez Solórzano, Marcos Pérez Graíñoíño, Eugenia Sánchez Castelo e Lucas Valencia Solá |
2 | Motor rotativo | IES Pino Manso (O Porriño, Pontevedra) | Martín González Morais, Diego García Abad, Carlos Pampillón Lorenzo e Daniel Piñeiro Freiría |
3 | SEK STEAM ONE | Colexio Internacional Eirís ( A Coruña) | Ruth Rodríguez Naya, Íñigo Fernández García, Rodrigo Sánchez Fuentes, Miguel Barral Buján, José Ángel Amarelle Varela |
4 | IESAGuía1 | (IES A Guía (Vigo, Pontevedra) | Rubén Conchouso Vázquez, Andrés Prol Mariño, Sofía Silva Covelo, Sofía Iglesias Fandiño, Samuel Pascual Cabaleiro e Noel Souto Carnero |
5 | Ciencia Viva | Colexio Internacional SEK Atlántico (Poio, Pontevedra) | Jaime Martínez Miramontes, Manuel Fernández Moldes, Frances lo Schiavo, Carlos González Tourís e Martín Buela Portela |
Máis información en https://challengestem.gal/