A Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos entrega mañá o Premio á Innovación Navantia para traballos fin de máster nun acto presidido polo reitor Julio Abalde

Ferrol, 8 de novembro de 2022.- O Salón de Actos Concepción Arenal acolle mañá, mércores 9 de novembro, ás 18:00 horas, o acto de inauguración do Ciclo de Conferencias da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos para o curso 2022/23 e a entrega do Premio á Innovación Navantia para os traballos fin de máster dos ámbitos naval e industrial presentados no curso 2021/22. O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, preside un acto no que tamén participará o alcalde do Concello de Ferrol, Ángel Mato, o director de Navantia Ría de Ferrol, Eduardo Dobarro, e os directores da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos, Fernando Lago e Ana Álvarez.

O Premio á Innovación Navantia no curso 2021/22 recae no traballo fin de máster “Predición do EEOI dun buque en fase de deseño mediante simulación de navegación” do exalumno do máster en Enxeñaría Naval e Oceánica, Pau Mestre Fonollosa, quen recibirá un cheque por valor de 1.500 euros e un diploma acreditativo. Pola súa banda, o traballo fin de máster premiado co accésit é “Estudio de confort dun espazo de habilitación” do tamén exalumno do máster en Enxeñaría Naval e Oceánica, Alejandro Torres López, quen recibirá 500 euros e un diploma acreditativo.

Acto seguido, terá lugar a conferencia inaugural do ciclo programado pola Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos para o curso 2022/23 titulada “Buque virtual. Realidade ou mito” e impartida polo executivo de desenvolvemento en Siemens, Mirko Tomán, Tanto a conferencia como a entrega do Premio poderán seguirse en directo a través da páxina web www.catedracosmealvarez.com.

Premio á Innovación Navantia - Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos
Premio á Innovación Navantia – Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos