Ferrol, 23 de febreiro de 2024.- A Universidade da Coruña organiza, por décimo ano consecutivo, a FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia), o vindeiro sábado 2 de marzo, no Campus Industrial de Ferrol, entre as 09:00 e as 18:00 horas. Nesta edición, participan un total de 43 equipos (25 na categoría FLL Challenge, 16 na FLL Explore e 2 na FLL Discover) e máis de 300 mozos e mozas de toda Galicia. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra Permuy, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia.
A sala anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolleu este venres a presentación desta décima edición á que asistiron a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas, a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao Rodríguez, a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística do Concello de Ferrol, Patricia Cons Formoso, o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez González, e o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz Casás.
Na súa intervención, o coordinador da FIRST LEGO League Galicia, José Antonio Becerra Permuy, explicou que, nesta décima edición, o torneo terá lugar, por segundo ano consecutivo, no Campus Industrial de Ferrol. As presentacións dos Proxectos de Innovación faranse nas aulas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación mentres que o Xogo do Robot se disputará no Pavillón de Esteiro e a entrega de premios terá lugar, en horario de tarde, no Auditorio de Ferrol.
Como cada ano, colaboran nesta iniciativa a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego – dependente da Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade –, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gadis, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.
Que é a FIRST LEGO League?
A FIRST LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación.
O desafío FIRST LEGO League en España
Desde o ano 2022, a Asociación ingeniera.soy é a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en España en colaboración co 20% das universidades españolas, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación como socios. Ademais, a iniciativa é posible grazas á colaboración de empresas e entidades que achegan aos participantes aos coñecementos e profesións STEAM.
Como funciona a FIRST LEGO League?
Cada temporada, a FIRST LEGO League permitirá aos mozos e mozas ver a ampla gama de oportunidades da industria STEAM botando man da súa exploración como parte de MASTERPIECE, un desafío no que aprenderán como a Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñaría e as Matemáticas se relacionan coas artes en formas moi sorprendentes. O seu obxectivo final será o de imaxinar e innovar novas formas de crear e comunicar arte en todo o mundo.
Os equipos teñen que resolver este desafío en tres áreas de traballo:
- O Proxecto de Innovación. Un proxecto que explique e detalle a súa solución innovadora como opción de mellora ao problema proposto.
- O Xogo do Robot. O deseño, construción e a programación dun robot LEGO MINDSTORMS Education que terá que superar divertidas misión nun taboleiro de xogo relacionado co desafío.
- A integración dos valores FIRST LEGO League. Mentres os equipos desenvolven o Proxecto Científico e o Xogo do Robot, integran os valores FIRST LEGO League: descubrimento, innovación, impacto, inclusión, colaboración e diversión.
Como participa un equipo na FIRST LEGO League?
Os participantes crean un equipo, de entre 2 e 10 membros, de 10 a 16 anos.
Durante tres meses preparan o desafío FIRST LEGO League e organizan a súa propia micro FLL no centro educativo ou asociación. A participación nunha micro FLL dá acceso aos Torneos Clasificatorios FIRST LEGO League.
Os equipos seleccionados nos Torneos Clasificatorios chegarán a GRAN FINAL FIRST LEGO League que este ano terá lugar o 16 de marzo no Edificio do Paraninfo e na Facultade de Dereito da Universidade de Alacante.
Que é a FIRST LEGO Explore?
A FIRST LEGO League Explore é un programa internacional dirixido a nenos e nenas de 6 a 9 anos, centrado na promoción da ciencia e da tecnoloxía, para captar a curiosidade dos máis pequenos e dirixila cara o descubrimento e a mellora do mundo que os rodea.
Por equipos, de entre 2 a 6 participantes, os máis pequenos deseñan e constrúen unha maqueta con pezas LEGO e preparan un póster illustrativo do seu traballo. Un póster que presentan diante do público asistente aos EVENTOS FIRST LEGO League Explorer que se organizan nos tornos clasificatorios e na Gran Final.
Que é a FIRST LEGO Discover?
A FIRST Lego League Discover é un programa introdutorio á ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e ás matemáticas (STEM), dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 6 anos. O programa estimula a súa curiosidade natural ampliando os seus coñecementos e desenvolvendo novos hábitos de aprendizaxe.
A FIRST LEGO League en Galicia
A Universidade da Coruña organiza por décimo ano consecutivo a FIRST LEGO League Galicia. O torneo terá lugar o vindeiro sábado 2 de marzo no Campus Industrial de Ferrol. O Xogo do Robot (Pavillón de Esteiro) e a entrega de premios (Auditorio de Ferrol) poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube da FLL Galicia.
Listaxe FIRST LEGO League Galicia Challenge
Equipo | Nome | Colexio | |
1 | Elementals | CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense) | |
2 | Peña Bots 1 | Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña) | |
3 | Peña Bots 2 | Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña) | |
4 | PATHFINDERS | Colexio Internacional Eirís (A Coruña) | |
5 | Fun BOT | Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra) | |
6 | Legotrónicas | Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra) | |
7 | MonBOT | Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra) | |
8 | Recycled Team | Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra) | |
9 | Las Acacias BOT | Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra) | |
10 | STEAM Girls Las Acacias | Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra) | |
11 | MontecasteloBOT | Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra) | |
12 | Electrics Makers Lab | e-makers Lab (Narón, A Coruña) | |
13 | Montespiño Bot | Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña) | |
14 | The Beats | Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña) | |
15 | CTRL+ T | IES As Telleiras (Narón, A Coruña) | |
16 | Catabótica | IES Catabois (Ferrol, A Coruña) | |
17 | Os robots do pazo | IES de Fene (Fene, A Coruña) | |
18 | ROBTIGUEIRA | IES de Ortigueira (Ortigueira, A Coruña) | |
19 | MEGA BUILDER TEAM | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) | |
20 | MEGA LEGO POBRA | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) | |
21 | MEGA RIBEIRA SUPER LEGO | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) | |
22 | ROBOT CITY POBRA | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) | |
23 | CIRCUSZ4POS | Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) | |
24 | G4Z4F4NT4SM4S | Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) | |
25 | PINTUZ4POS | Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) | |
Listaxe FIRST LEGO League Explore
Equipo | Nome | Colexio |
1 | Amigos de Rubik | CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra) |
1 | Dance | CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra) |
2 | Lego Malk | CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra) |
3 | Os catrelizantes | CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra) |
4 | Reino de Lego | CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra) |
5 | Rock and Roll | CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra) |
6 | Maker Lego Lar | Colexio Lar (Mos, Pontevedra) |
7 | STAR LEGO LAR | Colexio Lar (Mos, Pontevedra) |
8 | LA FÁBRICA MAKER | e-makers Lab (Narón, A Coruña) |
9 | Monbóticas | Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña) |
10 | MEGA BUILDER TEAM JR | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) |
11 | ROBOT CITY POBRA JR | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) |
12 | ELARTEDELLEGO | Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) |
13 | POKEBOTS | Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) |
14 | Legoleiros | – (Oleiros, A Coruña) |
15 | Rolling Legos | Sociedade Cooperativa Galega Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense) |
Listaxe FIRST LEGO League Discover
Equipo | Nome | Colexio |
1 | Champi Makers LAB | e-makers Lab (Narón, A Coruña) |
2 | Lego Monsters | Sociedade Cooperativa Galega Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense) |
Máis información nas RRSS da FIRST Lego League Galicia:
Facebook: https://www.facebook.com/firstlegoleaguegalicia/
Twitter: https://twitter.com/fllgalicia
Instagram: https://www.instagram.com/fllgalicia/

