A Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol do Campus Industrial organiza unha xornada de portas abertas o vindeiro 23 de xuño

A Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) do Campus Industrial de Ferrol organiza unha xornada de portas abertas que se celebrará o 23 de xuño en dúas quendas, a de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas, e a de tarde entre as 16:00 e as 19:00h.

Nesta xornada as persoas participantes poderán achegarse á oferta formativa que se imparte na Escola e visitar algúns dos laboratorios do centro.

Na EPEF impártense os graos en Enxeñaría Mecánica, en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, en Enxeñaría Naval e Oceánica, en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática e o Programa de Simultaneidade en Enxeñería Mecánica e Enxeñaría Naval e Oceánica. Ademais, a EPEF oferta tamén o grao en Enxeñería Eléctrica, primeiro grao dual do Sistema Universitario Galego e o grao aberto en Enxeñería Industrial, unha titulación que permite ao estudantado elixir a carreira que finalmente vai estudar no segundo curso podendo elixir entre o grao en Enxeñaría Mecánica, en Tecnoloxías Industriais, en Enxeñaría Eléctrica ou ben polo grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática.

Esta xornada vai dirixida ao público en xeral e, especialmente, ao estudantado de bacharelato e ciclos formativos e ás súas familias.

As prazas son limitadas e é necesario a inscrición previa a través do seguinte enlace:

https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=PuqhzrJgdU-mwqYCLo-WGz2LkPvIkgxJlHPNJN3Wa4tUOUpKQjJXV0hITTRBRzRVVFdXN01GUTlHWSQlQCN0PWcu&origin=QRCode

A inscrición estará aberta ata o 21 de xuño.