O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, este mércores 29 de marzo, ás 18:00 horas, a terceira conferencia da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos no curso 2022/23 titulada “Como deseñar un buque para que se pilote mellor?” e que imparte a piloto de primeira clase da Mariña Mercante, Jessica Gil Moreno.
A conferenciante é graduada en Náutica e Transporte Marítimo pola Universidade da Laguna e con Máster en Enxeñería Náutica e Xestión Marítima pola Universidade de Cantabria. Actualmente traballa como primeiro oficial no B/T Greenoil a ademais está realizando o doutoramento na Universidade da Coruña.
Na conferencia aportará a visión de como se pilota realmente un buque e da importancia que ten, no deseño e construción do mesmo, a participación dos enxeñeiros náuticos.
Os directores da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos, Ana Álvarez García e Fernando Lago Rodríguez, presentarán esta terceira conferencia que poderá seguirse, ademais, en directo a través da páxina web da Cátedra https://www.catedracosmealvarez.com/
Imaxe: Cartel promocional da terceira conferencia da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos no curso 2022/2023 titulada “Como deseñar un buque para que se pilote mellor?” que imparte, este mércores 29 de marzo, ás 18:00 horas, a piloto de primeira clase, Jessica Gil