Ferrol, 28 de xuño de 2023.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, inaugurará mañá xoves, 29 de xuño, ás 13:00 horas, o Edificio Batallóns, Servizos Universitarios, no Campus Industrial de Ferrol, xunto co alcalde de Ferrol, José Manuel Rey; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o Almirante Jefe do Arsenal Militar de Ferrol, vicealmirante Ignacio Frutos Ruiz; o secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla.
O Edificio Batallóns, situado na rúa Carlos III de Ferrol, antiga Residencia de Oficiais, foi cedido polo Ministerio de Defensa á Universidade da Coruña. Construído en 1930 foi actualmente remodelado para acoller as novas instalacións universitarias. As obras de acondicionamento foron financiadas pola Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.