Axudas para a mobilidade internacional do persoal adscrito ao Campus Industrial de Ferrol 2025
Esta acción pretende incentivar a mobilidade internacional co fin de realizar estadías docentes ou de investigación, alcanzar a mención de doutoramento internacional no caso das persoas adscritas en formación, conseguir colaboracións con outras entidades a nivel internacional, motivar a participación do persoal investigador do Campus Industrial de Ferrol en proxectos no marco de convocatorias europeas e internacionais, e apoiar o deseño de actividades formativas internacionais.
As mobilidades que se financian nesta convocatoria terán unha duración mínima dun mes e unha duración máxima de tres meses.
Contías:
- Importe máximo da convocatoria: 35.500 €
- Financiación máxima por mobilidade: 4.000 €
- Financiación máxima por mes: 2.000 €
Que se pode financiar?
Estas axudas están destinadas a cubrir total ou de xeito parcial os gastos de:
- Viaxe
- Aloxamento
- Manutención
das personas beneficiarias que realicen as mobilidades nunha institución extranxeira.
Data de realización:
Do 1 de Xaneiro ao 15 de outubro
Enlace á convocatoria (Data de publicación 26/03/2025)
Resolucións: