Axudas para a publicación en aberto destinadas ao persoal investigador adscrito ao Campus Industrial de Ferrol 2026

Axudas para a publicación en aberto  destinadas ao persoal investigador adscrito 

Esta acción pretende facilitar que o persoal investigador adscrito ao Campus Industrial de Ferrol (CIF) difunda os seus resultados de investigación mediante a publicación en revistas en aberto, de pago, aumentando así a súa visibilidade, a do CIF e, por extensión, da Universidade da Coruña.

Tamén se busca apoiar á obrigatoriedade de publicar neste tipo de revistas por parte dalgunhas convocatorias de financiación de proxectos.

Por outra parte, esta acción contribúe a alcanzar o indicador do CIF de número de publicacións en revistas Q1 do JCR.

Contías:
  • Importe máximo da convocatoria: 5.000 €
  • O importe das axudas será determinado pola comisión segundo os criterios especificados no punto 5 desta convocatoria e tendo en conta o número de solicitudes presentadas
Que se financia?
Estas axudas están destinadas ao pago, impostos incluídos, do importe parcial ou total dos gastos de publicación en aberto de artigos que se publiquen en revistas listadas no último JCR publicado dentro do primeiro cuartil (Q1), priorizando as publicadas no primeiro decil (D1).
Priorizando:
    • Os gastos de publicación que non fosen aboados
    • Excepcionalmente, os gastos de publicación que fosen aboados
      • Cuxo custo íntegro da publicación fose asumido mediante un único pagamento e poida acreditarse documentalmente
Datas

A data de publicación dos artigos debe estar comprendida entre o 01 de xaneiro e o 28 de outubro de 2026.

Enlace á convocatoria (Data de publicación 21/10/2026)

Anexo I

Anexo II