Axudas para a publicación en aberto destinadas ao persoal investigador adscrito ao Campus Industrial de Ferrol

OBXECTO

Facilitar que o persoal investigador adscrito ao Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC) difunda os seus resultados de investigación mediante a publicación destes en revistas en aberto, de pagamento, de xeito que aumente a súa visibilidade e a do Campus Industrial de Ferrol.

Tamén se pretende apoiar o cumprimento da obrigatoriedade de publicar neste tipo de revistas que se establece nalgunhas convocatorias de financiamento de proxectos. Por outra parte, búscase alcanzar o indicador do Campus Industrial de Ferrol do número de publicacións en revistas Q1 do JCR.

Financiado por convenio Xunta de Galicia – Universidade da Coruña