Bolsas do Campus Industrial de Ferrol para alumnado estranxeiro que queira cursar nel estudos de máster universitario

O Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC) pretende con esta acción incentivar a súa internacionalización, entendida como acción transversal prioritaria que se concreta en fomentar o número de estudantes estranxeiros/as no seu seo, así como o número de colaboracións con entidades internacionais.

O Programa de bolsas do Campus Industrial de Ferrol para estudos de máster universitario diríxese a egresados/as estranxeiros/as que queiran cursar estudos oficiais de máster universitario nas titulacións do Campus Industrial de Ferrol que se indican a continuación:

Os obxectivos deste programa son os seguintes:

a) Potenciar a internacionalización dos másteres oficiais do Campus Industrial de Ferrol.

b) Facilitar o acceso de estudantado estranxeiro a másteres universitarios adaptados ao espazo europeo de educación superior (EEES) do Campus Industrial de Ferrol.

c) Contribuír ao desenvolvemento da calidade dos estudos de posgrao fomentando a mobilidade do estudantado universitario.

Financiado por Convenio Xunta de Galicia-Universidade da Coruña