Green Campus Ferrol
© Maxim Tolchinskiy on Unsplash
Contaminación
CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA
A contaminación atmosférica provoca danos a saúde humana e aos ecosistemas. Produce maior risco medioambiental para a saúde, agrava enfermedades como as respiratorias, cardiovasculares ou cancerosas, e por tanto reducen a esperanza de vida.
A contaminación atmosférica prodúcese a través de diversas fontes, tanto de orixe humano como natural:
- O consumo de combustibles fósiles para a xeración de electricidade, o transporte, a industria e os fogares
- Os procesos industriais e o uso de disolventes
- A agricultura
- O tratamento de residuos
- Fontes de emisión naturais,: erupcións volcánicas, o polvo arrastrado polo vento, os aerosois de sal mariña e as emisión de compostos orgánicos volátiles das plantas.
– Como podemos reducila?
- Aposta polo transporte público: reduce o uso do coche, e aposta por un transporte sostible, público, eficiente e económico.
- Compra productos locais: evitarás o transporte de produtos dende lugares lexanos, evitando o gasto de combustible e a contaminación que supón.
- Consume produtos ecolóxicos: para producción destes produtos evítase o uso de elementos químicos que poidan perxudicar o medioambiente.
- Elixe enerxías renovábeis: este tipo de enerxías obtéñense de fontes naturais que producen enerxía de maneira inesgotable como pode ser o sol, o aire ou o mar. Ademáis de ser inesgotábeis non teñen immpacto no medio ambiente.
CONTAMINACIÓN ACÚSTICA
A contaminación acústica é a presenza no ambiente de ruidos ou vibracións que impliquen molestia, riesgo, ou dano nas personas e o ambiente. Unha exposición prolongada ao ruido ten efectos para a saúde tanto fisolóxicos como psicolóxicos. Xera impactos cardiovasculares e metabólicos, efectos sobre o sono, deterioro cognitivo e da audición, problemas nos nacemenetos e en xeral na calidade de vida, saúde mental e benestar. Por iso é importante intentar reducir a contaminación acústica.
Nos núcleos urbáns a contaminación acústica é moi diversa, pero xeralmente pode englobarse en 4 categorías:
- Tráfico rodado, circulación de vehículos: produce o 80% dos ruidos nas cidades.
- Obras, contruccións industriais: producen o 10% do ruido total.
- Ferrocarris: producen un 6% do ruido.
- Bares, locais, musicais e outro tipo de actividades: forman o 4% do ruido restante.
– Como reducila:
- Pasea pola vía pública de forma ordeada sen gritar.
- Evita usar o vehículo de motor se non é imprescindibel.
- Evita realizar actividades ruidosas fora do horario diurno como pasar a aspiradora ou poner lavadoras.
- Respeta as horas de descanso e o horario nocturno.
- Evita poñer a música ou a televisión a un volumen moi alto para prevenir as molestias auditivas tanto propias como para o resto dos veciños.
CONTAMINACIÓN LUMÍNICA
A contaminación lumínica é un dos problemas máis importantes dos entornos habitados polo ser humano. A excesiva e incorrecta iluminación urbana causa efectos sobre a nosa saúde, economía e medio ambiente. Tanta luz e tantas horas provoca alteracións do sono e impactos asociados a distintos problemas de saúde como diabetes, cáncer, enfermidades cardiovasculais, depresións e transtornos de ansiedade.
Atópase maior concentración de contaminación lumínica nos núcleos urbáns e nas vías iluminadas, onde a presenza de humanos é maior. Algúns exemplos de causantes deste tipo de contaminación son: iluminación público, tráfico de vehículos, paneis publicitarios, carteis de neón, luces das ventás.
– Que podemos facer para reducila?
- Utilizar sensores de movemento: que encenderán a luz só cando sexa necesario.
- Usa lámpadas pouco contaminantes: escolle lámpadas cunha eficiencia enerxética maior e menos contaminantes. Reduce a potencia da luz se fose posibel.
- Non proxectes ao ceo: os cañóns de luz, lásers e outras luces proyectadas ao ceo xeran unha contaminación lumínica moi elevada.
- Apaga as luces cando non as utilices: non acostumes a deixar as luces acendidas e lembra apagalas cando non sexan necesarias.
- Utiliza lámpadas LED: reducen o consumo enerxético e o coste de enerxía de forma considerábel.