Convocatoria pequeno equipamento Campus Industrial de Ferrol 2026

Convocatoria pequeno equipamento Campus Industrial de Ferrol 

Convocatoria de axudas para a adquisición de pequeno equipamento científico para o persoal investigador permanente e non permanente adscrito ao Campus Industrial de Ferrol.Esta acción pretende identificar as necesidades de pequeno equipamento científico que non poidan ser financiadas a través doutras axudas ou convocatorias, analizalas e ponderalas en base aos criterios e pola Comisión establecidos neste documento, para posteriormente promover o correspondente proceso de adquisición ou licitación segundo corresponda.

Prazo de presentación de solicitudes:

10 días hábiles (ata o 21 de abril incluído)

Financiamento
  • Dotación total: 242.000 € (IVE incluído).

  • Importe máximo por solicitude: 60.500 € (50.000 € + IVE).

Que se financia?

Estas axudas están destinadas ao pago do importe dos gastos de:

    1. Adquisición de equipos,
    2. O transporte,
    3. Posta en marcha e
    4. Gastos de formación,
    5. Tamén se inclúe software de funcionamento de equipos.
Persoas beneficiarias e requisitos
  • Persoal investigador permanente ou non permanente adscrito ao CIF, con adscrición realizada 10 días naturais antes do fin do prazo.

  • Obrigatorio dispoñer de conta ORCID activa.

  • Cada persoa pode presentar unha única solicitude, individual ou coordinada.

  • O equipamento deberá instalarse e empregarse exclusivamente nas instalacións do CIF.

  • A entrega do equipamento deberá producirse antes do 01/10/2026.

Que preciso para solicitude ?
  • Anexo I con memoria explicativa (máx. 4 páxinas).

  • CV detallado actualizado de todos os membros do equipo
  • Orzamento recente (menos dun mes) a nome da UDC, con características técnicas, garantías (mínimo 3 anos) e desglose de impostos.

  • Informe de dispoñibilidade de espazos asinado polo responsable do centro.

Envío ao correo: investigacion.campus.industrial@udc.gal.

Datas Importantes
  • 21 de Abril peche da presentación de solicitudes

  • O equipamento estará recibido antes do 01 de outubro 2026

  • xustificación económica finalizada antes do 31 de outubro de 2026

Resolución e aceptación
  • A resolución publicarase na web do CIF e comunicarase por correo electrónico.

  • A aceptación ou renuncia (Anexo II) deberá remitirse en 10 días hábiles desde a publicación.

  • Será necesario achegar a documentación administrativa para a tramitación da adquisición.

 

Enlace á convocatoria (Data de publicación 07/04/2026)

Anexo I

Anexo II

Anexo III

Informe de Dispoñibilidade de Espazos