Xuño 26, 2023

I Campamento Tecnolóxico de Verán do Campus Industrial de Ferrol

A oferta lúdico-formativa deste campamento inclúe obradoiros centrados nas áreas de investigación do Campus Industrial de Ferrol. Os diversos desafíos tecnolóxicos tratarán desde temas de robótica, impresión 3D e programación ata coñecementos de construción naval, electricidade e mecánica.

Os nenos e nenas traballarán man a man co estudantado e persoal docente das enxeñerías do Campus Industrial de Ferrol para desenvolver habilidades relacionadas coa linguaxe de programación, a metodoloxía enxeñaril e as novas tecnoloxías.

Os obradoiros desenvolveranse entre o 26 e o 30 de xuño de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Existe a posibilidade de participar na modalidade “Madrugadores”, de 8:00 a 15:00 horas, na que se inclúe a maiores un servizo de comedor. A tarifa xeral é de 119 euros por semana completa. O prezo para as persoas integrantes da comunidade universitaria é de 99 euros. Aquelas persoas que se anoten ao servizo de madrugadores terán que abonar a maiores 15 euros polo almorzo semanal e/ou 35 euros polo xantar semanal, segundo desexen. Tamén se ofrece un desconto do 50% a partires do segundo neno ou nena, inscrito/a pertencente á mesma unidade familiar.

Máis información e reservas en: FUAC. Formación. Campamento tecnológico de verano (udc.es)

O Campus Industrial de Ferrol acollerá, a última semana do mes de xuño, o Campamento Tecnolóxico, un campamento de verán dirixido a nenos e nenas de entre seis e 16 anos
O Campus Industrial de Ferrol acollerá, a última semana do mes de xuño, o Campamento Tecnolóxico, un campamento de verán dirixido a nenos e nenas de entre seis e 16 anos