Finaliza no Campus Industrial de Ferrol a terceira edición do Hackathon Navantia Next Pioneers

Ferrol, 1 de marzo de 2024.- A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, e o director de Navantia Ferrol, Eduardo Dobarro, acompañados polo director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez, o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz Casás, e o director do I+D+i de Navantia Ferrol, Carlos Blanco, fixeron entrega este venres do premio ao equipo gañador do III Hackathon Navantia Next Pioneers.

O evento tivo lugar entre as 15:00 horas do xoves 29 de febreiro e as 15:00 horas do venres 1 de marzo no Campus Industrial de Ferrol. Nel participaron un total de 55 estudantes dos últimos cursos do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, que se imparte na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), e do Grao en Enxeñaría Mecánica, do Programa de Simultaneidade do Grao en Enxeñaría Mecánica e do Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica, do Máster en Informática Industrial e Robótica, do Máster en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade, así como do Máster Erasmus Mundus en Sostibilidade e Industria 4.0 aplicado ao Sector Marítimo (SEAS 4.0); todos eles estudos vinculados á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF). Cómpre salientar a participación de 14 estudantes internacionais pertencentes ao último dos títulos citados, de 11 países distintos, como Perú, Sudán, Nixeria, Camerún, Azerbayián ou Turquía.

O reto presentado por Navantia para este hackathon foi o da procura dun sistema colaborativo para a asistencia ao operario ou operaria nas tarefas de montaxe de pequenos elementos en bloq

De esquerda a dereita, o equipo denominado MARLIN e integrado por María Zubeldia Martínez, Bruno Brown Omlenyi, Arham Abdullah, Santiago Alonso García, Jorge Rodríguez e Iago Ferreira Carrera gaña o III Hackathon Navantia Next Pioneers “Ría de Ferrol”.
De esquerda a dereita, o equipo denominado MARLIN e integrado por María Zubeldia Martínez, Bruno Brown Omlenyi, Arham Abdullah, Santiago Alonso García, Jorge Rodríguez e Iago Ferreira Carrera gaña o III Hackathon Navantia Next Pioneers “Ría de Ferrol”.

ues ou subloques durante as fases de armamento, grada e peirao da construción dun buque. Ao longo do evento, o alumnado contou en todo momento co apoio de profesionais do sector naval e da enxeñaría para acadar a solución ao reto proposto, validando en tempo real as ideas xeradas, aos que sumaron dúas charlas motivadoras e outras actividades “enerxizantes” que permitiron manter a atención do público participante durante as 24 horas que durou o hackathon.

Presentáronse un total de 10 solucións, das que, logo da súa correspondente presentación e análise a cargo dun xurado profesional composto por persoal de Navantia, Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), foi galardoado o equipo MARLIN integrado por María Zubeldia Martínez, Bruno Brown Omlenyi, Arham Abdullah, Santiago Alonso García, Jorge Rodríguez e Iago Ferreira Carrera. Todos os integrantes do equipo gañador recibirán unha bolsa de formación en Navantia dun ano de duración.

O hackathon Navantia Next Pioneers pon de manifesto, unha vez máis, a colaboración existente entre Navantia e a Universidade da Coruña, a través do Campus Industrial de Ferrol, sendo unha aposta conxunta para impulsar e dar visibilidade ao talento.