Green Campus Ferrol

© Max Bender on Unsplash

Mobilidade sustentábel

QUE É A MOBILIDADE SUSTENTÁBEL?

A mobilidade sustentábel é un modelo de traslado saudabel e que se basa no baixo consumo de carbono e prioriza elevar a calidade da vida urbana e o benestar social. Este modelo caracterízase por intentar xerar as menores cantidades de gases contaminantes posibles e intentar buscar maneiras y outros medios de transporte como patins, bicicletas… máis respetuosos co medio ambiente que o coche convencional.

 

QUE PODEMOS FACER NÓS PARA AXUDAR?

Existen moitas maneiras para que nós dende a nosa casa podamos axudar e participar da mobilidade sustentábel. Algunha delas sería intentar facer todos os traxectos curtos ou medios a pé ou en algún medio de transporte respetuoso como é a bicicleta o patin ou algún outro  que non expulse gases contaminantes a atmosfera. Ir a compra a un comercio cercano ou ao cine a pé tamén pode axudar. Podemos tamén optar por servizos de car sharing ou transporte compartido se nos vemos na necesidade de ter que transportarnos en coche. 

Outro punto importante sería se temos que coller o coche revisar certos aspectos para intentar xerar os menores gases posibles, como son:

  • Revisa a presión dos teus neumáticos.
  • Anticipa frenazos e conduce de forma suave.
  • Busca a personas que necesiten facer a mesma ruta que vos e compartide o viaxe.